Os veciños da Xunqueira reclaman medidas para frear os asolagamentos

    VILAGARCIA> A nova directiva da Asociación Veciñal Zona Xunqueira comeza o seu mandato traballando a reo por procurar as necesidades urxentes deste barrio:

    {flowplayer}images/salnes/queixas_vecinos_matosinhos.flv{/flowplayer}

    …a primeira e máis apremiante delas é eliminar os constantes asolagamentos que se producen en varios puntos do entorno, especialmente na rúa Matosinhos. Cada vez que chove, ó non estar separada a recollida de pluviais e fecais as rúas convértense en auténticos ríos de lixo; ata o punto de que mesmo os nenos teñen que saír no colo dos colexios lindeiros.

    A maiores deste problema que chega co mal tempo, a falta de limpeza e mantemento dos parques e das beirarrúas é outro problema que teñen na zona da Xunqueira.

    E é que estes problemas xa non son novos; levan máis dunha década pelexando por acondicionar o seu barrio sen obter ate o de agora unha solución axeitada. Estes veciños están á espera dunha xuntanza que non dá chegado co Alcalde de Vilagarcía.

    Mentres eso non ocorre, teñen pensado intercambiar opinións co resto das Asociacións Veciñais do Concello.

    Redacción Salnés