A Deputación dota ós Concellos dun anticipo de 46 millóns de €

     PONTEVEDRA> Cincuenta e un concellos da provincia de Pontevedra disporán nos vindeiros meses dunha liña de crédito

    {flowplayer}images/salnes/poliza_santander_depo.flv{/flowplayer}

    … de corenta e seis millóns de euros. Un anticipo a conta que lle facilita a Deputación de Pontevedra en base a unha póliza de crédito que ven de asinar co Banco Santander, gañador do concurso público presentado ó efecto.

    Con este operación de tesourería a conta os consistorios pontevedreses poderán abonar as súas nóminas ou ben pagar a proveedores moitos meses antes de que comecen a recadar por impostos como o IBI; sen custe adicional algún.

    Na relación de Concellos beneficiarios non se inclúen os máis poboados como son Vigo, Pontevedra, Vilagarcía de Arousa ou Marín. Neste exercicio, desde a Deputación tamén se prevén medidas para facilitar o pago dos impostos ós contribuíntes.

    Ademais, o goberno provincial optimiza a súa recadación de recursos con medidas como a revisión catastral en moitos concellos por parte do ORAL ou a sinatura dun convenio co Instituto Nacional de Estatística, que faculta á Deputación para cotexar datos dos padróns municipais en tempo real; evitando así errores na emisión dos cobros.

    O Goberno Provincial remitirá tamén á Axencia Tributaria o listado de contribuíntes de difícil cobro para os Concellos para que sexa o ente estatal o que continúe con estes proceso de recadación dificultosos.

    Redacción Salnés