Un día para reivindicar os dereitos das persoas con Síndrome de Down

    BOIRO> O 21 de marzo conmemórase o Día Mundial da Síndrome de Down. Esta alteración cromosómica afecta, no Barbanza, a unha sesenta persoas. De aí, a importancia de habilitar unha unidade de prevención do envellecemento para frear o rápido deterioro físico e cognitivo que sufre este colectivo. Non é un día máis. O 21 de marzo está marcado en vermello para moitas familias e entidades que afrontan día a día os retos que supón a síndrome de Down. É o caso da asociación AMICOS do Barbanza que leva tempo reclamando a dotación dunha unidade de prevención do envellecemento. Na actualidade, contan con seis usuarios afectados por esta alteración que, a través das diversas terapias consiguen melllorar a súa calidade de vida. Tania Abreu encárgase de favorecer a súa mobilidade e coordinación.No eido cognitivo, Verónica Vázquez trata de mellorar a linguaxe, pronunciación e o vocabulario. Malia as vantaxes que lles proporcionan estas terapias, as profesionais insisten en que non é suficiente. De aí, a necesidade de habilitar unha unidade especial que permita paliar os efectos do envellecemento prematuro que afecta a este colectivo. A dotación de recursos é fundamental para evitar que persoas como Carmen ou Luís sufran un rápido deterioro das súas capacidades e poidan seguir a desfrutar das moitas actividades que lles ofrece AMICOS.