![]()
PONTEVEDRA> A nova dirección, que estará dirixida polo vigués Santos Héctor Rodríguez, decidiuse no congreso provincial celebrado o sábado.
{flowplayer}images/salnes/CONGRESO_PROVINCIAL_PSOE_110612.flv{/flowplayer}
O edil vigués Santos Héctor Rodríguez é o novo secretario xeral do PsdeG de Pontevedra, tras acadar o 65 por cento dos votos no congreso celebrado esta fin de semana. En fronte só tivo ó alcalde de Caldas Juan Manuel Rey, que obtivo un 31 por cento de apoio. Houbo 5 votos en blanco, un deles o do edil e ex alcalde do Grove José Antonio Cacabelos, que ía ser o terceiro candidato en liza pero retirouse antes das votacións.
O novo secretario xeral avogou por un proxecto municipalista. Tamén o alcalde de Caldas defendeu o papel das agrupacións pequenas, pero tamén pediu ó partido que potencie ós alcaldes.
A elección do novo secretario xeral acadouse xa pola mañá, sen sorpresas, xa que Santos Héctor contaba xa de antemán co respaldo da maioría das agrupacións de Arousa, Pontevedra e Vigo. O debate máis tenso viviuse pola tarde e durante máis de cinco horas, para definir a nova executiva provincial. O escollo foi o papel que ocuparía Luís Gómez Piña, ex secretario de organización con Modesto Pose, a quen abandonou por diferencias de xestión. Finalmente, quedou fóra da executiva. 35 persoas conforman a nova directiva provincial.
O secretario xeral é Santos Héctor. Presidente, o pontevedrés Antón Louro. A vilagarciana Tania García, secretaria de Organización, e como vicesecretario xeral de Acción Electoral, o ponteareano Delfín Domínguez. Tamén forman parte da executiva, a edil de Sanxenxo Dulcinea Aguín e a tenente de alcalde de Poio, Consuelo Besada.
Redacción Salnés








