A sardiña cotízase a prezo de ouro na véspera de San Xoán

prezosardinasanxoan100.jpg NOIA> A escaseza de capturas e a proximidade do San Xoán elevaron o prezo da sardiña ata contías que non se lembraban.

{flowplayer}barbanza/prezosardinasanxoan.flv{/flowplayer}
 
Pouca sardiña no mar, o que se traduce en prezos moi elevados en terra. A escaseza unida á proximidade do San Xoán incrementou a cotización en lonxa, onde a caixa superou os douscentos euros.
 
Este encarecemento traduciuse nos mercados onde esta mañá o quilo roldaba os quince euros.
 
A pesar destes prezos, case prohibitivos, son poucos os que renuncian a comer sardiñas na noite meiga do San Xoán xa que a tradición pesa máis que a crise.
 
Outros optan por variar o menú con outro tipo de peixe ou churrasco, moito máis económico, reservando a sardiña para cando se normalicen os prezos.
 
Esta noite, boa parte da flota da Coruña sairá a faenar xa que solicitaron un permiso especial. Todo apunta a que as capturas serán escasas, na mesma liña que os días anteriores, polo que mañá, véspera de San Xoán, o quilo da prezada especie podería mesmo superar os dezaoito euros.
 
Redacción Barbanza