Un total de oito procesións integran o cartel da Semana Santa en Noia

NOIA> A parroquia de San Martiño, xunto coas confrarías das Dores, dos Nazarenos, a Terceira Orde Franciscana Segrar e a do Resucitado, presentaron a programación deseñada para esta Semana Santa. Serán en total oito procesións.

As actividades arrancarán o venres 31 coa procesión da Virxe das Dores e rematará o domingo 9 de Abril, coa procesión do Cristo Resucitado.

Na organización da programación de Semana santa tamén colabora o Concello. O alcalde, Santiago Freire, agradeceu o labor e o traballo que realizan tanto a parroquia de San Martiño como tamén as catro confrarías que organizan as diferentes procesións.

No acto tamén se entregou o premio á gañadora da fotografía do cartel deste ano, que recaeu novamente en Uxía Gandarela.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí