Manos Unidas organiza un concerto solidario este sábado no Principal

Pontevedra> Manos Unidas Pontevedra organiza para este sábado 15 de setembro un concerto solidario. Unha cita que terá lugar ás 20:00 no Teatro Principal e que terá como fin recadar fondos a favor do proxecto, que esta entidade, está desenvolvendo en Guatemala. Trátase dun programa de loita contra a violencia ás mulleres.

Manos Unidas organiza este sábado 15 de setembro un festival solidario. Unha cita que terá lugar no Teatro Principal a partir das 20:00 da tarde e onde participarán a Agrupación Folcrórica de Celme, Sofía Rial, Inversión e  Son das Tabernas. Un concerto solidario que será presentado polo xornalista Enrique Magdalena e cuxos beneficios irán destinados a un proxecto que están desenvolvendo en Guatemala.

Dende a organización deste evento convidan a todo o mundo a formar parte deste concerto solidario.

A entrada será libre ata completar o aforo, os asistentes poderán doar a esta entidade o que consideren oportuno e ademais para os que non poidan ir tamén haberá unha fila 0 co fin de que todo o mundo poida colaborar con este proxecto que Manos Unidas está a desenvolver en Guatemala.