O executivo sonense iniciou a humanización das rúas Río e Marianas

peonalizacionportoson_100_30102009.jpgPORTO DO SON> A actuación, subvencionada pola Dirección Xeral de Comercio, conta cun presuposto que se achega ós 105 mil euros.

{flowplayer}barbanza/peonalizacionportoson.flv{/flowplayer}

Segundo explicou o rexedor sonense, Manuel Tomé, as obras de peonalización que se están a executar actualmente nas rúas Río e Marianas, son unha continuidade da actuación realizada na rúa Trincherpe. O seu orzamento ascende a 105 mil euros, dos cales o 70% é aportado pola Dirección xeral de Comercio e o 30% restante deberá ser asumido polo propio concello. Con esta actuación o executivo dinamizar e poñer en valor unha zona do casco urbano, converténdoa nun lugar máis atractivo para o desenvolvemento comercial.

Mellora servizos

As obras comprenden o empedrado da rúa con lousas de pedra, a instalación de novas tubaxes de pluviais e sanemaneto, así como a mellora das canalizacións de auga potable para as vivendas.

Posibles molestias

O alcalde pediu tamén desculpas ós veciños polas molestias que poidan ocasionar estas obras. O prazo de execución das mesmas será de dous meses, polo que se todo marcha sobre o previsto poderían estar rematadas antes de finais de ano.

Redacción Barbanza