Noia tentará aprobar o orzamento tras cinco anos sen facelo

presupostosnoia2012100000.jpg NOIA> O executivo levará a pleno o próximo venres a súa proposta de orzamentos para o presente exercicio que ascende a máis de nove millóns e medio de euros

{flowplayer}barbanza/presupostosnoia2012.flv{/flowplayer}
Tras cinco anos sen aprobar un presuposto, o goberno de Noia tentará sacar adiante a súa proposta orzamentaria de 2012. Trátase dun documento baseado na prudencia e na contención tanto no capitulo de gastos como de ingresos.
Do total de 9.570.000 euros, case a metade, 4.115.000, destinaranse a gastos de persoal. O investimento real ascende a 1.117.000 euros, o que supón o 11’7 por cento do orzamento.
En canto ó apartado de ingresos destaca a recadación por taxas e tributos que este ano se realizou de forma directa dende a administración local permitindo un aforro de douscentos cincuenta mil euros.
Diminución da débeda
Dende o concello destacaron a boa saúde das arcas municipais cun nivel de débeda do dezaoito por cento, 1.800.00 euros, que agardan diminuír nos próximos exercicios.
Ademais destacaron a existencia dun superávit do exercicio anterior de máis de dous millóns de euros que permitirá o pago de facturas pendentes así como promover o inicio dalgunhas actuacións como o aparcadoiro público soterrado.
Redacción Barbanza