Mobilización multitudinara en contra das participación preferentes

    mobilizacionpreferentesboiro.jpgBOIRO> Despois de percorrer varias rúas do municipio a marcha remataba na praza do concello onde deron lectura a un manifesto.

    {flowplayer}barbanza/mobilizacionpreferentesboiro.flv{/flowplayer}

    A mobilización inciábase ó redor das once da mañá nas inmediacións da piscina municipal para percorrer posteriormente diversas rúas da localidade e rematar na praza do concello onde se deu lectura a un manifesto nos que se incidía en que non van parar na súa loita ata que lle devolvan os cartos. Ademais da plataforma de Afectados Arousa Norte, na marcha tamén tomaron parte outras plataformas de afectados creadas en distintas comarcas galegas, como é o caso do Morrazo, Vigo e Marín que quixeron sumarse a esta convocatoria.

    Calendario mobilizacións

    Dende a Plataforma Arousa Norte teñen previsto continuar co seu calendario de mobilizacións a vindeira semana con novos actos en diversos concellos da zona, así como participar na manifestación central convocada en Santiago para o vindeiro sábado 21.

    Redacción Barbanza