RIBEIRA> Acusan a altos cargos deste departamento da Xunta de presuntos delictos de falsedade en documento público e fraude procesual.
Son varias as frontes que teñen abertas dende a Plataforma de Afectados da Autovía da Barbanza contra a anterior Consellería de Política Territorial. Ás denuncias por presunta ocupación ilegal de terreos súmase agora unha querela para que a xusticia investigue dous presuntos delictos de falsedade en documento público e fraude procesual.
{flowplayer}barbanza/querelaafectadosautovia.flv{/flowplayer}
Dende a Plataforma teñen constancia da existencia dunha presunta substitución de documentos orixinais no expediente de expropiación forzosa contra a empresa Xaras S.L. co obxecto de confundir ao xuiz e causar un dano irreparable na credibilidade e honor de dita empresa.
Novo proceso expropiatorio
Paralelamente a presentación desta querela, os afectados están a estudiar emprender accións legais contra a Xunta por presuntas irregularidades no novo proceso expropiatorio aberto do proxecto modificado da Autovía da Barbanza que afectan ás propiedades de tres integrantes do colectivo, no lugar de A Carballa. Estas parcelas xa foron ocupadas no proxecto inicial sen que se notificase aos seus propietarios.
Con esta modificación do proxecto inicial, din dende a plataforma, o que se busca e legalizar unha presunta expropiación ilegal. Deste xeito, aseguran, queda probado que a Xunta tomou posesión dos terreos antes de iniciar os procesos de ocupación.
Redacción Barbanza