A Xunta destina 7’3 millóns de euros para compensar ós mariscadores afectados polos paros temporais

NOIA> A Xunta destinará máis de 7 millóns de euros a compensar os paros temporais dos mariscadores de varias zonas de Galicia. Beneficiaranse destas  axudas, con cargo ó Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, os rañeiros do libre marisqueo de Arousa, da confraría de Noia e de varios pósitos da ría de Pontevedra.

O Diario Oficial de Galicia publicará nos próximos días a orde de subvencións aprobada polo Consello da Xunta para compensar ós mariscadores afectados polo paro temporal do marisqueo. Destinaranse en total 7’3 millóns de euros dos que poderán beneficiarse 1300 profesionais, entre eles o libre marisqueo de Arousa, os mariscadores de Noia, varias confrarías da ría de Pontevedra e os percebeiros de Bueu.

Os períodos de paro, considerados pola administración como unha medida técnica de conservación, foron pactados coas propias confrarías. No libre estendeuse do 1 de xaneiro ó 31 de marzo mentres que en Noia e na ría de Pontevedra do 1 de febreiro ó 30 de abril.

Os armadores e tripulantes que conten co marisqueo no seu permiso de explotación disporán dun mes dende a publicación da convocatoria para solicitar as axudas.