Os sindicatos policiais esixen máis persoal e medios na comisaría de Ribeira

    sindicatopolicia_100_171008.jpgRIBEIRA > Representantes policiais reuníronse co alcalde de Ribeira para trasladarlle a súa preocupación pola falta de medios técnicos e humanos.

    {flowplayer}barbanza/sindicatopolicia.flv{/flowplayer}

    A principal demanda dos dous sindicatos maioritarios da policia nacional céntrase na cobertura inmediata dos catorce postos vacantes existentes na comisaria de Ribeira.

    As xubilacións dos funcionarios e os concursos de traslados mermaron o cadro de persoal, dos cincuenta axentes aos trinta e seis que na actualidade están en activo. A día de hoxe, argumentan, as dependencias policiais están desbordadas pola falta de medios humanos, unha circunstancia que se agrava no período estival.

    Máis persoal

    Ademáis estiman que a medio prazo o número de policias da comisaria de Ribeira debería elevarse ata os setenta axentes, dado que área de actuación da sede policial neste municipio abarca un total de cincuenta mil habitantes nunha área territorial moi dispersa. Asemade, demandan que se dobre o número de alumnos en prácticas que na actualidade e de cinco axentes.

    Pola súa banda, o alcalde de Ribeira expresou a súa solidariedade e apoio ante as inquedanzas deste colectivo e lles anunciou que convocará de inmediato unha xunta de portavoces na procura de consensuar unha moción por parte de todos os grupos da corporación, demandando estas necesidades antes o Ministerio do Interior.

    De igual xeito, malia a escaseza de medios materiais e humanos da comisaria de Ribeira tanto os representantes sindicais como o alcalde loubaron o traballo desempeñado polos axentes, que o pasado ano 2007 atenderon mil oitocentas denuncias e practicaron máis de trescentas detencións.

    Redacción Barbanza