![]()
VILAGARCÍA> Hoxe celebrouse o II Concurso de Escaparates polas principais rúas da cidade. Nesta edición participaron 25 comercios con 9 propostas.
{flowplayer}images/salnes/CONCURSO_ESCAPARATES_200712.flv{/flowplayer}
Hoxe os comercios de Vilagarcía saíron á rúa durante todo o día con motivo da celebración do segundo Concurso de Escaparates convocado pola Asociación de Comerciantes Zona Aberta. Nesta ocasión participaron un total de 25 comercios que expuxeron as súas propostas nas principais rúas da cidade. Unha iniciativa que tal e coma sinalou a Presidenta da Asociación, Rocío Louzán, pretende promocionar e incentivalo comercio da localidade.
Na inauguración do concurso esta mañá tamén estivo a Subdirectora Xeral de Comercio, Sol Vázquez, quen felicitou non só ó concello por apoiar esta iniciativa senón tamén, por suposto, á asociación de comerciantes polo traballo feito.
E é que como dixo o alcalde, Tomás Fole, con esta iniciativa o que se consegue é demostrar o bo comercio que hai en Vilagarcía.
Desde a Asociación amosaron a súa intención de facer unha nova edición o vindeiro ano.
Redacción Salnés









