Tres familias xitanas do Vao son realoxadas en Monteporreiro

    PONTEVEDRA > Tres familias de etnia xitana das que foron desaloxadas da barriada do Vao pontevedrés, veñen de ser realoxadas neste edificio,…

    … unha construcción de tres andares e con seis vivendas, situada no número 44 da rúa Alemaña de Monteporreiro. Desde o domingo, os integrantes destas familias están realizando a mudanza ós poucos, axudados das súas furgonetas e dos seus chamativos coches. O movemento desta mudanza foi o único indicativo que tiveron os veciños desta localidade pontevedresa para saber deste novo realoxo preto dos seus fogares.

    A nova non lles puido sentar peor, posto que están seguros de que estes novos inquilinos van a ser a orixe de moitos problemas de aquí en diante; dada a súa fama de estar vinculados á venda de droga. En Monteporreiro aseguran que este non é un problema de racismo posto que esta localidade é un exemplo de convivencia desde fai anos, entre os colectivos paios e xitanos. Mesmo aseguran, que as familias xitanas que xa están integradas rexeitan a estes novos veciños; aínda que non poden expoñelo publicamente; posto que llelo impide a lei xitana.

    A asociación veciñal de Monteporreiro, que integran máis de 350 familias xa está mobilizándose para acordar as primeiras medidas de presión e mobilizacións que poderían comezar na vindeira semana. Polo de agora, xa están demandando información sobre esta situación, ó tempo que reclaman unha explicación por parte das administracións competentes, especialmente do alcalde de Poio, co que se van a reunir este xoves; xa que sospeitan que foi el o que comprou este edificio para eles, fora do seu concello, e con cartos do goberno galego.

    Desde esta asociación veciñal aseguran que van a loitar firmemente e ata ás últimas medidas legais para evitar que o seu barrio se converta nun gueto falto de seguridade, onde ninguén queira residir.

    Redacción Salnés