Os taxistas de Cambados reforzarán a seguridade dos seus clientes

CAMBADOS> A seguridade dos cambadeses tamén preocupa aos taxistas da vila. O colectivo e o concello colaboran nunha iniciativa que busca velar polos seus clientes. Sempre e cando alguén o solicite, o taxista manterá un tempo de agarda ata que o usuario chegue ao seu destino unha vez abandone o vehículo. Así, evitan que a persoa que de soa en lugares afastados ou pouco transitados.

“Taxistas por un pobo seguro” é o lema da iniciativa posta en marcha polo colectivo de autopatronos e o concello de Cambados.

Nesta iniciativa colaboran os 15 taxistas que traballan actualmente na vila cambadesa. Todos irán identificados cunha pegatina para informar desta posibilidade, que nace a raíz da preocupación pola seguridade de moitos veciños.

A proposta forma parte do Plan de Renovación dos taxistas do municipio. Deste xeito buscan adaptarse aos novos tempos, ofrecendo máis e mellores servizos aos seus clientes.

Este tipo de medidas xa se puxeron en marcha con moito éxito noutros concellos, de aí que os taxistas cambadesese se animaran a implantala na súa vila.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí