Os rapaces de Castrelo prepáranse para o Entroido

    obradoirocastrelo_100.jpgCAMBADOS > O entroido está cada vez máis preto, e os rapaces tamén queren poder deseñar as súas propias máscaras.

    Onte estivemos cos alumnos do obradoiro de Entroido que se celebra en Castrelo. Unha actividade posta en marcha polo concello de Cambados nas cinco parroquias da vila. En Cambados xa levan dende a semana pasada preparándose para o entroido.

    Os obradoiros de deseño de caretas postos en marcha polo concello nas parroquias da vila, atraen a moitos rapaces que queren poder votar a andar a súa imaxinación na confección de máscaras. Os alumnos do obradoiro de Castrelo xa eran onte todos uns expertos no deseño e preparación das caretas. Do que non estaban todos tan seguros é de se ían lucir as máscaras que eles mesmos facían durante o entroido, aínda que algúns estaban convencidos do éxito dos seus deseños, e non descartaban levalos logo de disfrace.

    Oubiña, Vilariño, Corvillón e Cambados son as outras parroquias nas que tamén se celebran estes días talleres similares a este de Castrelo. Rematan este venres, pero logo os rapaces tamén poderán exprimir a súa creatividade nos talleres do Día da Paz e de San Valentín. E a xulgar pola boa mañá demostrada nos obradoiros carnavalescos, todo apunta a que os rapaces volverán a dar o mellor de si.

    Redacción Salnés