Clesa xa pertencen á Acolact, sociedade liderada por Feiraco

    compra_clesacopy.jpgCALDAS> Esta mañá o Conselleiro de Economía e Industria visitou esta mañá a fábrica trala sinatura onte do contrato de compra-venda.

    {flowplayer}images/salnes/COMPRA_VENDA_CLESA_ACOLAT.flv{/flowplayer}

    Despois dun proceso longo de máis dun ano, por fin xa se pode dicir que a fábrica de Clesa pertence á Agrupación de Cooperativas Lácteras, Acolact (sociedade liderada por Feiraco), trala sinatura onte do contrato de compra-venta. Deste xeito, conclúe un proceso longo que comezou cando se declarou o concurso de acredores. Esta mañá, o Conselleiro de Economía e Industria visitou a factoría situada en Saiar, Caldas de Reis. Alí o único que se vían eran caras de alegría e moita satisfacción.

    Polo camiño quedaron máis dun centenar de traballadores, 93 despedidos en decembro e outros dezaseis fai unhas semanas. Nestes momentos, a plantilla abrirá unha nova etapa cunha trintena de empregados. Está previsto que o luns cheguen os novos inversores comecen co seu novo Plan de Negocio avalado pola Xunta con 4’5 millóns de euros.

    Pola súa banda, o alcalde de Caldas de Reis, Juan Manuel Rey, subliñou que este vai ser un día para lembrar xa que a continuidade desta factoría supón moito para a economía do concello e da comarca.

    Así mesmo, Rey confesou que a Comisión de Seguimento vai seguir coas súas reunións periódicas para supervisalo bo funcionamento da fábrica e aportar novas ideas.

    Redacción Salnés