
{flowplayer}barbanza/conexionvarianteceilan.flv{/flowplayer}
O incremento da seguridade viaira segue a ser unha das prioridades do goberno autonómico. Así o ratificou o Conselleiro de Medio Ambienta na visita realizada á comarca do Barbanza na que adiantou que o viaduto de Ceilán construirase a dous niveis co que o corredor Brión Noia terá enlace directo coa variante.
Durante a visita Agustín Hernández supervisou as obras de mellora que se están a executar na estrada Ac-303 entre as parroquias ribeirenses de Oleiros e Corrubedo. A actuación, cun orzamento de 3’3 millóns de euros, suporá a mellora dos treitos rurais e a urbanización das travesías.
Posteriormente, Hernández desprazouse ata Porto do Son para coñecer o ritmo a que avanzan as obras de mellora da capa de rodadura na AC-550 que se prevé remate neste próximo verán.
Ademais da mellora da rede viaria, a Consellería está a realizar un importante esforzo inversor na comarca en materia de saneamento.
Redacción Barbanza