A asociacón de Comerciantes Pontevedra e Caixanova firman un convenio

    PONTEVEDRA > A asociación de comerciantes da zona monumental de Pontevedra e Caixanova firmaron …

    … esta maña un convenio de colaboración para ofrecer ós asociados mellores condicións de financiamento e poder así desenvolver aquelas iniciativas que teña como fin dinamizar o sector servicios da zona.

     Entre novidades que se anunciaron atópase a instalación dun caixeiro a zona monumental, para amplía-lo sevizo ós clientes e usuarios. A firma deste convenio suporá importantes melloras no sector comercial pontevedrés xa que mellorará a eficiencia e eficacia na xestión dos recursos que se manexan dende a asociación de comerciantes para potenciar a posta en marcha de iniciativas que fomenten a creación de postos de traballo e permitan rehabilitar os establecementos comerciais

    O presidente da asociación de comerciantes, Ernesto Filgueira, que representa ós comerciantes resaltou as vantaxes que suporá a firma deste convenio por cuarta vez consecutiva, como por exemplo o tipo de finaciación ou as condicioós económicas para abaratar costes.

    Caixanova aportará a este convenio melloras no apartado económico como a financiación gratuíta para os seus clientes por medio da utilización da tarxeta Comercio e o crédito telefónico Crediventa. ambos servicios permiten o pago fraccionado en prazos de ata 12 meses.

    Dende a entidade financeira destacan o crecemento de Pontevedra polas iniciativas que se poñen en marcha para potenciar o sector comercial da zona Con este convenio tamén se porán en marcha novas iniciativas para promover a formación e promoción de novos empresarios por medio de novos programas e seminarios.

    Redacción salnés