O Centro Comercial DEÁN presenta un desfile no Auditorio do Lagar

    POBRA> O Centro Comercial Deán da Pobra do Caramiñal levara a cabo este domingo, ás seis da tarde, nas instalacións do auditorio do Lagar, un desfile de moda. O principal obxectivo desta inciativa non é outro que sacar as tendas e a moda á rúa.

    Durante a presentación da actividade, Amparo Cerecedo, destacou que no desfile de moda con pase de modelos participarán ó redor de dez establecementos, pero ademáis contarán con outras colaboracións que aportan o seu producto pero polo estilo deste non poden desfilar. A presidenta do centro comercial DEÁN quixo destacar a colaboración de mozos neste proxecto, a través dunha publicista, dun dj, un centro de estética ou mesmo os modelos que colaboran voluntariamente na iniciativa. Na actividade colabora tamén o concello da Pobra. O seu alcalde Isaac Maceiras fixo un chamamento ós veciños a acudir ese día ó auditorio do Lagar e presenciar este novedoso desfile. Resaltar que para o peche do evento terá lugar un desfile de traxes tradicionais galegos musicado con pandereteiras. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/06/presentaciondesfilemoda0611141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/06/presentaciondesfilemoda061114.mp4{/flowplayer}