Mojitos, daikiris e chill out para as tardes na Compostela

    VILAGARCÍA> A partir do vindeiro luns volve o programa ‘Ás nove na praia’

    {flowplayer}images/salnes/SesionsChill_030812.flv{/flowplayer} 

    O que funciona, mellor non tocalo. A partir desta máxima dende Ahituvi e o concello poñen en funcionamento por cuarto ano consecutivo o programa ‘Ás nove na Praia’. Unha actividade que apenas sufrirá modificacións con respecto o ano pasado. Mesma ubicación, na praia Comspotela, mesmo mobiliario coa instalación de dúas carpas e mesmos prezos para os cócteles. O obxectivo, que a xente se relaxe tras unha intensa tarde de traballo ou de praia.

    Ofertaranse como é costume caipirinhas, daikiris de fresa e mojitos a catro euros. Para os pequenos, os mesmos cócteles pero sen alcol, a dous euros. Haberá sete Dj´s, un cada día, tratando de darlle un ambiente diferente en cada sesión. Estarán entre outros José Gómez, DJ Curtis ou Faber, de Estudio 3.

    O alcalde Tomás Fole valorou moi positivamente a repetición desta actividade que dálle vida á Praia da Comspotela.

    Redacción Salnés