A Xunta completa a posta en servizo do nó de Curro

    SALNÉS> Mañá quedará aberto ó tráfico o ramal que conecta a Autovía do Salnés e a estrada PO-531

    {flowplayer}images/salnes/AperturaNoCurro_100812.flv{/flowplayer} 

    Mañá remataranse as obras e po4rase en servizo a totalidade de ramis do nó de Curro. Así as cousas, os vehículos procedentes da Autovía do Salnés que circulen en dirección Pontevedra e viceversa, poderán empregar os ramais directos sen a necesidade de circular pola rotonda elevada.

    Este proxecto implicou un investimento de 39 millóns de euros. Conecta a AP-9, a Autovía do Salnés e as futuras autovías Pontevedra – Vilagarcía e Pontevedra-Vigo. Estímase que por este nó circularán unha media de 17.000 vehículos diarios na temporada invernal e 25.000 nas xornadas estivais, o que supón máis de 6 millóns de vehículos ó ano.

    Esta nova infraestructura conecta o tráfico da zona industrial de Pontevedra coas vías de alta capacidade e saca do entramado urbano do núcleo de Curro o tráfico de entrada e saída do enlace.

    Redacción Salnés