Unha muller falece atropelada a escasos metros da súa casa

    atropelo_mortal_valga100.jpgVALGA> Aurora, unha veciña de Valga de 77 anos, faleceu onte á tarde a escasos metros da súa vivenda, o número 24 do lugar da Xanza.

    {flowplayer}images/salnes/atropelo_mortal_valga.flv{/flowplayer}

    VALGA> Aurora, unha veciña de Valga de 77 anos, faleceu onte á tarde a escasos metros da súa vivenda, o número 24 do lugar da Xanza. A muller foi atropelada cando cruzaba a estrada, a N-550 que une Valga con Caldas, como adoitaba facer, xa que a diario saía a dar un paseo a un parque próximo.

    O condutor é un home de 45 anos veciño tamén da mesma parroquia que a vítima. Ó parecer foille imposible esquivar á muller no momento do atropelo. O accidente tivo lugar sobre as oito da tarde, nese momento había pouca visibilidade, a estrada estaba moi transitada, chovía moito e a vítima ía vestida de negro sen ningún elemento reflectante.

    Unhas circunstancias fatais que se aliaron nunha estrada na que xa se teñen rexistrado varios accidentes graves. Trátase dun tramo recto, que atravesa unha zona moi habitada e que non conta con paso de peóns algún. Desde Protección Civil piden precaución ós peóns e aconsellan levar sempre algunha prenda reflectante.

    Neste accidente, descártase o exceso de velocidade e estímase que o coche que atropelou a Aurora ía a 70 quilómetros por hora, e ademais a proba de alcoholemia ó conductor deu negativo.

    Redacción Salnés