Cabo de Cruz quenta motores para acoller unha nova festa do mexillón

    exaltacionmexilloncabo100.jpg BOIRO> As asociacións de mexilloeiros de Boiro e o concello ultiman os detalles para celebrar a undécima edición da festa do mexillón de Cabo de Cruz.
     

    {flowplayer}barbanza/presentacionmexilloncabo.flv{/flowplayer}
     
    O domingo día dezanove, Cabo de Cruz volverá facer gala da súa importancia como porto á cabeza do sector miticultor celebrando por todo o alto unha nova edición da exaltación do mexillón.
     
    Superando as dificultades da crise, a unión de catro asociacións Amebarraña, Amecruz, A Marxa e Asociación de mexilloeiros Virxe do Carme de Abanqueiro, coa inestimable colaboración do concello fixeron posible a organización da festa que ten por obxectivo poñer en valor e promocionar un produto do que viven directa e indirectamente milleiros de boirenses.
     
    Novas preparacións
     
    Trala regata de traíñas, a carpa instalada no porto crucense abrirá as súas portas a partir das doce e media. Alí, os asistentes poderán desfrutar de toda a calidade do molusco con innovadoras preparacións para os máis exquisitos padais.
     
    A organización prevé repartir preto de tres mil quilos de mexillón en fresco e dous mil nos diferentes pratos. Ademais do día grande, que será o domingo 19, durante toda a semana desenvolveranse actividades culturais e deportivas para celebrar a semana grande de Cabo de Cruz.
     
    Redacción Barbanza