MUROS> Muros celebrou esta fin de semana a decimo novena edición das Xornadas de Cultura Mariñeira. As embarcacións tradicionais centraron boa parte da programación que puxo en valor o gran patrimonio marítimo desta vila e de toda a comarca.
Off
Os muradáns retrocederon esta fin de semana varios séculos para celebrar as xornadas de Muros Mira o Mar que buscan poñer en valor a inxente cultura mariñeira desta vila. Vestidos de época, ateigaron as principais rúas do casco histórico para disfrutar das numerosas actividades que se desenvolveron durante toda a fin de semana. Obradoiros, concertos, artesanía degustacións gastronómica e todo tipo de eventos lúdicos que tiveron o seu epicentro no mercado mariñeira. A navegación foi tamén protagonista posto que o programa de Muros Mira ó Mar acolleu tamén un encontro de embarcacións tradicionais. A música foi tamén outro dos pratos fortes cos concertos de Xangai e Guadi Galego como actuacións estelares ou agrupacións tradicionais como Ximiela, Faltriqueira, Longarela, Agrocobo e Xeitura.











