Amicos traballa na conservación da illa de Sálvora

    RIBEIRA> A directora xeral de Conservación da Natureza, Verónica Tellado, comprobou persoalmente a boa labor que todos eles están a realizar. 

    Este grupo de voluntarios, pertencentes á asociación Amicos, gozou dunha xornada soleada nun espazo natural único, a illa de Sálvora. Por segundo ano consecutivo, realizaron labores de mantemento ambiental, entre as que se atopan a limpeza de praias e a retirada de plantas alóctonas e invasoras como a popular Unlla de Gato, que non deixa medrar as especies propias da comunidade galega. As tarefas desenvolvidas polos usuarios de Amicos no Parque Nacional contribúen á protección e recuperación desta paraxe e fomentan o respecto polo entorno natural. Ó mesmo tempo, estas experiencias teñen o obxectivo de integrar ás persoas con discapacidade na sociedade. Ademais da visita de Verónica Tellado, directora xeral de Conservación da Natureza, estiveron presentes nesta xornada o subdirector xeral de xuventude e voluntariado, o director do Parque Nacional das Illas Atlánticas e o director de Amicos. Este grupo realizou unha ruta para comprobar o resultado dos traballos de rehabilitación do entorno e dos hórreos da aldea de Sálvora, que foron feitos por membros da asociación AMICOS. Cada mércores, un novo grupo de voluntarios sairá do porto de Aguiño para continuar coa iniciativa, que se encadra no programa de voluntariado ambiental que organiza a Xunta de Galicia.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/13/voluntariadoamicossalvora1308141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/13/voluntariadoamicossalvora130814.mpg.mp4{/flowplayer}