BOIRO> O Centro Comercial Boiro Aberto, dependente da Asociación Boirense de Empresarios, vén de acadar unha mención especial nos premios nacionais de comercio que cada ano outorga o ministerio de Economía e Competitividade. Dende a patronal boirense destacaron a importancia desta honra, xa que se trata dun recoñecemento ó traballo realizado nestas anos de cara ó desenvolvemento e modernización do comercio local. A entrega desta mención especial terá lugar a próxima semana, o martes vinte e sete de outubro, no salón de actos do propio ministerio de Economía e Competitividade. Á cita está prevista a asistencia, en representación de Boiro Aberto, do presidente da ABE, Óscar España, e o seu xerente, Tomás Estévez.
Inicio Barbanza - Muros - Noia