‘Éxito rotundo’ da feira malia a baixa das vendas

    zonacentro copia.jpg CAMBADOS> Zona Centro pechou o mercado de Oportunidades cun volume de negocio duns 120.000 euros, un 25 por cento menos que a pasada edición.

    {flowplayer}images/salnes/BALANCE_OPORTUNIDADES_CAMBADOS.flv{/flowplayer}

    A Feira de Oportunidades de Cambados pechou este ano cun volume de vendas de 120.000 euros, É un 25 por cento menos que a pasada edición, na que a recadación ascendeu ós 160.000. Tamén baixou o gasto medio por cliente, pasado dos trinta euros deste ano ós corenta do pasado. Aínda así, desde a Asociación Zona Centro non dubidan en cualificar a cita de ‘éxito rotundo’.

    Segundo a enquisa realizada entre os comerciantes que participaron, o sentir xeral é de satisfacción tanto coa organización do evento coma cos resultados obtidos. Entre as demandas, máis vixilancia policial durante o día ou pechar o paseo da Calzada para facilitar a montaxe da feira.

    Outra medida que consideran axeitada é celebrar esta feira de ano en ano e non cada dous, como defende o seu presidente. E é que segundo Marcos González, a saturación deste tipo de eventos pode estar detrás tamén do descenso no volume de vendas.

    Desde Cambados Zona Centro calculan que nos tres días da feira pasaron polos stands entre 16.000 e 18.000 visitantes, case a metade, un 45 por cento, veciños de Cambados. Cambia así a tendencia do ano pasado, no que os turistas constituíron o público maioritario.

    Redacción Salnés