Os sindicatos apoian o ERTE de Thenaissie Provoté para gañar tempo para a presentación de ofertas de compra

O GROVE> Novidades sobre a situación da conserveira meca Thenaissie Provote. CIG e Comisión Obreiras informaron esta mañá de que a empresa solicitou un ERTE para 110 dos 125 empregados que ten nas plantas do Grove e de Mos. A medida amplía a marxe para conseguir compradores que se fagan coa fábrica e manteñan os postos de traballo, por iso os sindicatos reclaman ás administracións que se axilicen os trámites. Recordemos que a conserveira está en concurso de acredores volutario.

A conserveira Thenaissie Provote presentou hoxe a solicitude dun ERTE para 110 dos 125 traballadores que ten nas súas plantas do Grove e Mos. Segundo os sindicatos CIG e Comisións Obreiras a medida é tranquilizadora e ofrece unha solución a curto prazo para avanzar na busca de compradores. Pero tamén advirten: a parálise burocrática non pode frealo.

Os sindicatos son optimistas en canto ao futuro da conserveira. O sector está en pleno auxe, cunha demanda que se viu aumentada durante a crise da COVID-19, pero a falta de liquidez levou a empresa a declararse en concurso de acredores voluntario.

Segundo CIG e Comisións Obreiras, os administradores concursais aseguran que hai persoas interesadas en facerse coa fábrica. Por iso apelan á xenerosidade das partes para pechar un acordo.

Na actualidade, a factoría do Grove dá emprego a 82 traballadores, dos cales nove quedaron fóra do ERTE e continúan traballando. Os sindicatos destacan que, ademais de contar cunhas instalacións novas e modernas, a conserveira Thenaissie Provoté está preparada para traballar materia prima máis elaborada, como é o caso do marisco.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí