
{flowplayer}images/salnes/Salome.flv{/flowplayer}
Despois de percorrer Portugal e tras ser representada en outros moitos lugares de Galicia Salomé chega este venres a Vilagarcía nun único pase ás 9 da noite.
Esta función foi presentada hoxe polo concelleiro de cultura Xosé Castro Ratón, que estivo acompañado pola directora do Centro Dramático Galego, Blanca Cendán e por un dos actores da obra Hugo Torres.
Trátase dunha posta en escea arriscada que segundo Castro Ratón probablemente non podería terse delvolvido por unha compañía privada, de ahí a importancia dunha institución coma o centro dramático galego.
Tamén quixo destacar a importancia do teatro para a normalización da nosa cultura e a nosa lingua.
En total Carlos Santiago contou con 6 actores e actrices que dan vida ós 15 persoaxes da historia. Actores con grandes traxectorias.
As entradas terán un prezo de 6, 4 e 3 euros e poranse á venda o mesmo venres no auditorio a partir das sete ou por anticipado en www.servinova.com ou no teléfono 902 50 45 00.
Redacción Salnés