O concello de Vilagarcía e o Festivala denuncian un novo ataque contra a exposición do festival

VILAGARCIA> En Vilagarcía rexistrase un novo acto de vandalismo contra a exposición do Festivala. Tanto o concello como a entidade organizadora do Festival, o soño de Lilith, acudiron á policía para aumentar a denunciar realizada no día anterior. Lonxe de temer pola celebración do evento, ambas partes invitan a toda a veciñanza da comarca a acudir ao festivala para combater os ataques contra o feminismo.

Este luns os carteis da exposición Festivala, mulleres creando apareceron rotos e arrancados pola acción duns vándalos. Por se a agresión non fose pouca, e a pesar da denuncia da asociación o Soño de Lilith e do concello nas dependencias policiais, esta martes os carteis amenceron con novos ataques.

Dende a asociación o soño de Lilith e dende o concello teñen claro que é un ataque de odio.

O acto vandálico é condenado tamén dende o concello. A conclleira de igualdade advirten que non tolerarán ningún ataque á igualdade e á tolerancia e xa acudiron a policía, xunto coa asociación organizadora, a denunciar os actos.

O festivala ten lugar esta fin de semana cunha programación moi ampla que inclúe, ademais da exposición, música, obradoiros e cine. O festival e o concello non temen pola celebración do evento e invitan a toda a veciñanza da comarca a acudir ao festivala para combater os ataques á igualade.

Todas as actividades do Festivala son gratuítas. Os eventos terán lugar dende o venres ata o domingo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí