Novas doazóns particulares amplían os fondos do museo Valle-Inclán

    doazonsmuseovalle.jpgA POBRA> Trátase de publicacións e artigos publicados en xornais e revistas relacionados co autor das Sonatas, entre eles varios no diario ‘La Esfera’ entre 1915 e 1922.

    {flowplayer}barbanza/doazonsmuseovalle.flv{/flowplayer}

    Os fondos do museo Valle-Inclán na Pobra do Caramiñal veranse ampliados grazas a esta doazón realizada por José María Casto Gómez e Montserrat Rey Oubiña, afincados en Barcelona, aínda que moi vinculados á Pobra, así como tamén por Mariano Marcos Abel, que, sendo os tres admiradores de Valle-Inclán, foron adquirindo pezas relacionadas co escritor e decidiron agora doar algúns deles ó seu museo. Entre os fondos que doaron hai unha serie de publicacións no diario ‘La Esfera’ entre 1915 e 1922, entre os que destaca unha entrevista de marzo de 1915 asinada por ‘El Caballero Audaz’ na que Valle-Inclán fala de como perdeu á súa filla maior e se declara nacido na Pobra do Caramiñal.

    Entre as doazóns realizadas figura tamén un exemplar da ‘Revista de Occidente’ de marzo de 2011, que inclúe un artigo de Manuel Alberca no que narra a historia de como o escritor perdeu o seu brazo esquerdo e tódalas lendas xurdidas ó redor dese episodio.

    Ruta Vital e Literaria

    A concelleira aproveitou tamén para falar da boa acollida que está tendo o museo entre os visitantes durante este verán, especialmente entre os solicitantes do percorrido pola Ruta Vital e Literaria de Valle, que tivo usuarios dos máis diversos lugares de España.

    Reddacción Barbanza