O CETS implantará nos seus locais o pago con tarxeta comercio

    conveniocets copia.jpg SANXENXO> É unha das novidades que inclúe o convenio asinado con NGB, o primeiro que a entidade financeira firma cunha asociación de hostalería.

    {flowplayer}images/salnes/CONVENIO_CETS_NGB.flv{/flowplayer}

    O Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo e Novagalicia Banco veñen de asinar un convenio pioneiro que permitirá impulsar a actividade dos asociados do CETS ó conceder unha serie de vantaxes económicas coas que facilitar o seu día a día. Trátase dun acordo de mínimos, para que se accesible ó maior número de socios, no que caben tamén negociacións a nivel particular por parte das empresas.

    Entre esas vantaxes económicas figura tamén a posibilidade de que os clientes destes establecementos poidan financiar as súas estancias a través da tarxeta comercio.

    Este convenio asinado en Sanxenxo é o primeiro destas características que Novagalicia firma cunha asociación de hostalería. Desde o CETS agardan que sirva como referencia para outras asociacións da comarca e de toda Galicia.

    Dentro destas liñas de apoio, desde Novagalicia Banco anunciaron que en breve se presentará tamén un novo convenio, desta volta dirixido ás adegas do Salnés, para fomentar a comercialización dos seus productos no exterior.

    Redacción Salnés