![]()
CARRIL> O Presidente da Agrupación de Parquistas manifestou a petición esta mañá ó tempo que reiteraron que o documento segue sen ser necesario.
{flowplayer}images/salnes/PARQUISTAS_230812.flv{/flowplayer}
Esta mañá volveu ser nova a polémica existente entre os parquistas de Carril e a Consellería do Medio Rural e do Mar en torno ó novo decreto de revisión e reordenación dos parques de cultivo.
Ante a desconformidade manifesta co documento, o Presidente da Agrupación retou ó secretario xeral de Mar, Juan Maneiro, e á Conselleira, Rosa Quintana, a achegarse á vila para explicalo decreto. O obxectivo, asegurou José Luis Villanueva, é zanxalo conflito dunha vez.
A finalidade non é outra, explicou, que pór fin ó conflito existente coa Consellería do Medio Rural e do Mar desde que anunciasen a existencia de dito documento. E é que, entre outras cousas, critican que o novo decreto lles quita toda representativa ó sector. Polo contra, o actual, dixo, dálles seguridade xurídica e para resolvelos 58 parques pendentes de adxudicar só sería preciso convocala comisión de revisión.
Malia todo, o Patrón Maior da Confraría de Carril considera que desde a Consellería non teñen intención de arranxalo conflito. Proba delo, dixo, foi que aínda non recibiron ningunha chamada por parte da administración autonómica para falar das alegacións presentadas ó decreto que foron acompañadas por 500 sinaturas, o 90% dos parques de cultivo de Carril.
Nestes momentos o colectivo dos parquistas está composto por 650 persoas.
Redacción Salnés








