Os veciños lamentan os novos vertidos no río do Con

    rio_con100.jpgVILAGARCÍA> Continúan os vertidos no río do Con, en Vilagarcía, e eso que hai días que remataron as obras encargadas polo Concello

    {flowplayer}images/salnes/vertidos_con_130312.flv{/flowplayer}

    O selado de aliviadoiros para evitar a entrada de vertidos no río do Con en Vilagarcía parece que non foi suficiente. En a penas 24 horas, os veciños deste entorno comprobaron como as augas do Con se volvían a ensuciar.

    Un dos vertidos parece que saíu dun aliviadoiro do entorno da praza de Abastos con líquido da rede de sumidoiros. E o outro, chegou a través do regato Santa Mariña, no parque da Xunqueira, con augas tinguidas de cor marrón.

    Os veciños do entorno do río e os que pasean habitualmente pola zona están fartos de que continúen os vertidos, sobre todo cando os operarios de Espina y Delfín remataron hai días as obras previstas polo Concello.

    O río do Con leva meses rexistrando varios vertidos, cos conseguinte problemas para unha das zonas de maior atracción turística da cidade.

    Redacción Salnés