A Garda Civil detén ós posibles autores do roubo ós donos do bar Azul

    roubobarazul.jpgPOBRA> O suceso producíase na madrugada do pasado 27 de agosto, aínda que ata o luns pola tarde non se efectuaron as detencións.

    {flowplayer}barbanza/roubobarazul.flv{/flowplayer}

    As investigacións levadas a cabo na última semana polos axentes do Servizo da Policía Xudicial da Garda Civil de Noia deron coma resultado a detención de dous mozos, un de 25 anos e domicilio na Pobra e outro de 22 de Ribeira, como supostos autores dun delito de roubo con violencia e outro de lesións, cometido o pasado 27 de agosto nas inmediacións deste establecemento, o bar Azul, situado nas inmediacións da praia de Cabío.

    Forte agresión

    Despois de golpealos, conseguiron substraerlle, entre outros efectos, unha carteira na que gardaban unha cantidade importante de diñeiro en efectivo procedente da súa actividade profesional. Como consecuencia das lesións sufridas, as vítimas precisaron de asistencia médica, e incluso unha delas necesitou de varios puntos de sutura na cabeza.

    Antecedentes

    Ós detidos, que contan con diferentes antecedentes por supostos delitos contra o patrimonio, algúns deles cometidos tamén con violencia ou intimidación, continúan en dependencias da Garda Civil de Noia. Non se descarta que poidan estar implicados tamén noutros roubos cometidos nas últimas semanas na comarca do Barbanza. Nas próximas horas pasarán a disposición xudicial.

    Redacción Barbanza