![]()
SANTIAGO> Nestes intres máis de 14.000 afectados solicitaron a mediación arbitral. Segundo o IGC, case 360 familias recuperaron xa os seus aforros.
{flowplayer}images/salnes/REUNION_PREFERENTES_040912.flv{/flowplayer}
Os ánimos en torno á resolución do conflito das preferentes seguen máis que caldeados. A reunión mantida esta mañá en Santiago entre representantes dos colectivos afectado e a dirección xeral de comercio parece que non serviu para moito. Á saída, a titular desta carteira, Nava Castro, insistiu en que polo de agora a Xunta non ten límite para seguir mediando entre Novagalicia Banco e os titulares de preferentes de xeito que estes poidan recuperar os seus aforros. Pero ós afectados este argumento segue sen convencelos. Queren que o goberno galego lles garanta que todos poderá acudir a esta vía e recuperar os seus cartos. O que non puido garantir Nava Castro e se desde a Unión Europea poderían poñer un tope a esta vía unha vez entre en vigor o Real Decreto de reestruturación do sistema financeiro.
Desde que o pasado venres se desvelasen detalles dese plan de reestruturación bancario e se coñecese que os titulares de preferentes podería perder parte do seu capital, o número de peticións de arbitraxe duplicouse. Nestes intres máis de 14.000 afectados solicitaron a mediación arbitral. Segundo datos da Xunta, case 360 familias galegas xa teñen recuperado a día de hoxe os seus aforros pola vía da arbitraxe.
Redacción Salnés









