VILAGARCÍA> Manifestáronse diante da Delegación Comarcal da Consellería do Mar. O prinicipal motivo, a reordenación das zonas de marisqueo.
{flowplayer}images/salnes/ProtestaMariscadores_170912.flv{/flowplayer}
Continúa a polémica en Carril en torno ós parques de cultivo e as zonas de traballo para o marisqueo a flote e a pé. Hoxe foron estas últimas as que se manifestaron diante da Delegación Comarcal da Consellería do Mar, en Carril. Despois de impedir o sábado que a Xunta realizase a recolocación das balizas hoxe as mariscadoras atopáronse a praia pechada.
O certo é que as mariscadoras de Carril protestan non só pola reducción do seu espazo para o traballo senón tamén pola concesión de 20 permex á agrupación do Lazareto.
As mariscadoras tiveron que trasladarse hoxe ós Lombos do Ulla para realizar o seu traballo, unha zona segundo elas moito menos productiva. Teñen claro que esta será a primeira de moitas mobilizacións ata que se lles escoite.
Redacción Salnés