Fundiciones Rey levará materiais de primeira necesidade a Ucraína cos seus propios camións

VILAGARCIA> A empresa Fundiciones Rey levará cos seus propios camións materiais de primeira necesidades para os afectados da guerra de Ucraína. Dende a compañía piden aos doantes material sanitario e alimentos, xa que as doazóns de roupa superaron todas as previsións. A empresa que traballa con clientes Ucraínos coñece a maneira de facer chegar os materias para que sexan repartidos por todo o país.

A difícil situación que está a pasar o pobo ucraíno por culpa da invasión rusa, leva a moitas empresas e particulares a implicarse para poder axudar ás vítimas da guerra. Unha destas empresas é Fundiciones Rey, a compañía está recollendo materiais de primeira necesidade para transportas cos seus propios camións a Ucraína.

Fundiciones Rey trasladará alimentos, roupa e material médico para as vítimas ucraínas. As doazóns de roupa superaron as previsión e dende a compañía piden a quen queira doar que achegue as súas instalacións alimentos e, sobre todo, material sanitario.

A empresa non dubidou á hora de apoiar aos ucraínos xa que levan anos traballando no país.

A situación é tan alarmante e desesperada que moitos lles piden axuda.

A empresa xa mandou dende Valencia tres camións, e ao longo desta semana sairán os de Vilagarcía, que tardarán ao redor de 3 ou 4 días en chegar a Ucraína.