Os institutos abriron as súas portas nun curso marcado polos recortes

    inicio_cursocopy.jpgPONTEVEDRA> Na provincia, case 30.000 estudantes chegaron ás aulas de Educación Secundaria, bacharelato e formación profesional.

    {flowplayer}images/salnes/COMEZO_CURSO_SECUNDARIA.flv{/flowplayer}

    Case 30.000 estudantes, 17.544 de ESO, 5.687 de bacharelato e formación profesional iniciaron esta mañá o curso escolar nos centros educativos da provincia de Pontevedra.

    Un regreso ás aulas que, malia que arrancou con normalidade, segundo informaron desde a Delegación Territorial da Xunta, está marcado polos recortes. Nos catro institutos de Vilagarcía, as súas plantillas veranse reducidas en once docentes con respecto ó ano pasado o que lles aboca a axustalos horarios de xeito que a oferta educativa non se resinta.

    No Castro Alobre, o único que experimentou un aumento de escolares, perdeu tres profesores, ó igual que o curso pasado, o que supón seis menos en dous anos. No instituto de Carril a plantilla tamén se reduce en tres, mentres que no Bouza Brey en un e no Contarelo Valledor, onde este ano se matricularon 836 alumnos, en catro.

    Malia todo, coma sempre e coma puidemos comprobar no IES Castro Alobre, os rapaces iniciaron o curso entre nervios e gañas por ver de novo ós compañeiros. Outros, pola contra, o inician con resignación por ter que volver a madrugar, facer deberes e estudar.

    Pola súa banda, aínda que para eles, os pais, tamén é un inicio de curso difícil, por ter que facer fronte ós custos da volta ó colexio, a emoción e a ilusión non a perden.

    Hoxe, amais destes alumnos, tamén inician o curso os estudantes do Conservatorio Profesional de Música de Vilagarcía, onde se produciu un descenso dun 8’5% no número de matriculas.

    Redacción Salnés