Veciños de Carril denuncian a presenza de ratas e cascudas nunha leira chea de maleza

VILAGARCÍA> A maleza que medra nunha parcela en pleno centro de Carril trae de cabeza ós veciños da zona. Ante a presenza constante de ratas e cascudas, piden que se limpe máis a miúdo. Din que non poden nin abri-las portas das súas casas, por medo a que os bechos lles entren. O terreo pertence dende hai anos ó coñecido ‘banco malo’.

Os veciños de Carril que viven na contorna desta parcela din estar fartos do seu escaso mantemento. As silvas e as malas herbas invaden os seus patios. Ademais, é frecuente a presenza de ratas que mesmo tentan entrar nas vivendas e locais comerciais da zona. Ademais das ratas, as cascudas tamén comezan a invadi-las casas.

A parcela pertence á Sareb, o coñecido como ‘banco malo’. Os veciños explican que alomenos unha vez ó ano veñen desbrozar, pero dun xeito pouco exhaustivo. Os veciños mesmo propoñen solucións para darlle unha utilidade ó espazo, librándose así da meleza.

Os veciños entenden que o Concello pouco pode facer neste caso. Con todo, cren que é a vía de enlace entre eles e a Sareb  para que veñan limpar.  Aínda así, algunha comunidade de veciños da zona xa presentou escritos en Ravella demando unha actuación urxente.

Esta non é a única parcela que preocupa ós veciños desta zona de Carril. Non moi lonxe, atopamos estoutro terreo abandonado. As silvas invaden xa a beirarrúa, deixándoa practicamente inutilizable para os viandantes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí