A Subida á Escusa recorta á crise a celebra a súa edición 12+1

POIO> Hoxe foi presentada a XIII Subida á Escusa. A proba terá lugar esta fin de semana e é valedeira para o Campionato Galego de Montaña. A crise e a coincidencia no calendario con outras probas, traerán a menos participantes dos habituais.

{flowplayer}images/salnes/SubidaEscusa_200912.flv{/flowplayer} 

Pese ás dificultades que se lle presentaron este ano á organización da Subida Á Escusa, a Escudería Buxa Motor, presidida por Noemí Blas, mantén o rally. Por unha banda o contexto de crise e pola outra a coincidencia no calendario cunha proba de autocross e outra do nacional de rallies. Ademais este ano, incomprensiblemente, a federación baixou o coeficiente da proba. 

Con todo, o espectáculo está garantido. Ata o momento confirmaron a súa presencia na Escusa corenta pilotos, entre os que estarán os xa campións matemáticos Santi Abad e Toño Varela. Mantense o percorrido doutros anos no que a organización extremará as medidas de seguridade despois da última traxedia nunha proba similar acontecida hai uns días en Asturias. 

Tralas verificación técnicas e administrativas dos vehículos o sábado pola mañá, os primeiros en tomar a saída vanno facer ás 15:30. A partir desa hora celebraranse dúas mangas e outras tantas o domingo pola mañá a partires das 10:00. A entrega de premios este ano trasládase ó Náutico de Combarro, o domingo ás 18:15.

Redacción Salnés