PONTEVEDRA> Coincidindo co Día Internacional da LGTBIfobia no deporte, o Concello de Pontevedra presentou hoxe un novo spot. Un vídeo titulado “Seareirxs da Diversidade” e que está enmarcado no programa municipal Pinto e Maragota.
O 19 de febreiro de 1961 nacía en Londres Justin Fashanu, o primeiro futbolista profesional que se declarou homosexual. Tras anuncialo, medrou a presión social, o que levou ao xogador a quitarse a vida aos seus 38 anos. A súa historia deu a volta ao mundo e dende entón o 19 de febreiro é o Día Internacional contra a LGTBIfobia no deporte. Unha loita á que se quixo sumar hoxe o Concello de Pontevedra.
Para conmemorar este día, 10 clubs da cidade uníronse para realizar este vídeo. Un spot co que se pretende dar visibilidade á diversidade no deporte.
O vídeo está enmarcado no programa municipal Pinto e Maragota e está xa dispoñible na canle de Youtube do Concello de Pontevedra.