RIBADUMIA> En Ribadumia, o calendario deportivo non ten parada. Do 19 ao 21 de xullo os ollos do automobilismo galego estarán postos neste municipio do Salnés. O concello acolle a terceira edición do Rallymix Ribadumia, que atraerá os mellores pilotos da especialidade e mesmo algún piloto español de talle internacional. Ademais este ano a cita chega con novidades: a estrea dun galardón especial para os copilotos, en memoria da copiloto boirense Bárbara Gómez.
Inicio Deportes







