PONTEVEDRA> O Tenis de Mesa Monte Porreiro dará o salto a Europa. O club pontevedrés participará a vindeira tempada nun dos torneos europeos máis importantes, converténdose no segundo equipo da cidade en competir a nivel continental. Para sufragar os custos, están a lanzar unha campaña na procura de apoios entre a cidadanía.
Europa abrirase a vindeira tempada ao Tenis de Mesa Monte Porreiro. O club competirá na ETTU Cup, o segundo torneo continental en importancia deste deporte.
Deste xeito, o club convértese no segundo de Pontevedra en competir a nivel europeo. Fixérao tamén o Teucro hai máis de 25 anos.
Ademais do reto deportivo, a súa participación nesta competición suporá tamén un reto económico. Case a totalidade do seu orzamento procede das administración, por iso están a lanzar unha campaña para buscar apoio entre a cidadanía.
A intención do Tenis de Mesa Monte Porreiro é tamén traer o torneo á cidade. Por iso agardan poder optar a ser sede da competición durante a fase de grupos.