O Badajoz refórzase para recibir ó Extrugasa

extrugasa250_040210.jpgVILAGARCÍA> O Extrugasa visita este sábado a cancha do imprevisible Badajoz. Despois da victoria na última xornada ante o Pabellón o equipo de Tito Díaz recuperou a confianza e viaxará a terras extremeñas coa intención de gañar e de paso manter o liderato.

{flowplayer}images/salnes/extrugasa_040210.flv{/flowplayer} 

Chega o partido contra o equipo que máis iras despertou este ano na LF2, o Badajoz. Un conxunto deseñado a principio de temporada para o ascenso, que vendeu moi cara a derrota en Fontecarmoa (66-61) pero que despois víuse envolto en graves problemas económicos que fixeron que as súas xogadoras senior fuxisen.

Non se retirou da competición como se agardaba senón que regalou partidos xogando co conxunto junior coa esperanza de que as seis victorias que levaban acumuladas fosen suficientes para a permanencia.

O caso é que, a salvación xa non está tan clara e os cartos comezaron a chegar de novo a Badajoz polo que o equipo recuperou a catro xogadoras das do primeiro plantel e fichou esta semana a dúas pívots de calidade: unha extranxeira e outra nacional, Marta Garrido, peza fundamental o ano pasado no ascenso do Canoe a Liga Femenina. De novo ó Extrugasa tócalle lidiar coa máis fea. 

As nove derrotas seguidas que levan as extremeñas non son por tanto un reflexo do que se van atopar enfronte as vilagarciáns este sábado. Pero máis alá da calidade que poden ter as novas xogadoras do Badajoz, o temor de Tito Díaz é unha posible relaxación por parte das súas. 

A mellor nova desta semana para o técnico lucense foi a recuperación de tódolos seus efectivos. As molestias de Ylenia, Montse, Cristina Souza e Andrea Ríos son cousa do pasado e os adesatramentos desta semana xa foron de moita maior calidade con todas a punto.

Redacción Salnés