Leiro: “A nova reforma educativa segrega ós alumnos”

    SALNÉS> A presidenta da Asociación de Docentes do Salnés, Candea, fixo este análise sobre a reforma educativa.

    {flowplayer}images/salnes/ReformaEducativa_270912.flv{/flowplayer} 

    Como cada unha das seis reformas educativas anteriores, a que pretende introducir o goberno de Mariano Rajoy tamén trae polémica. Entre os puntos máis salientables o aumento de contidos comúns para tódolos alumnos do territorio nacional, a aparición das antigas reválidas tralos ciclo de ESO e Bacharelato ou a utlización do curso de 4ª da ESO coma ponte cara a rama de FP ou Bacharelato.

    O goberno pretende potenciar asignaturas como Matemáticas, Ciencias ou as linguas e aqueles que sexan becados e non aproben máis do 50% das asignaturas deberán devolver a axuda. Estes son algúns dos puntos salientables, amais da reducción no número de mestres e o consecuente aumento de alumnos por clase. O colectivo docente ve máis cousas negativas que positivas. 

    Segundo a presidenta de Candea, esta é unha lei que segrega e diferencia ós alumnos polas súas capacidades intelectuais.

    Segundo o goberno o que se pretende é reducir a taxa de abandono escolar, situada agora no 26’5% e mellorar o resultado dos estudiantes españois nos exames internacionais. Aínda que segundo Adela Leiro, nesta reforma só prima o aforro económico.

    Redacción Salnés