A Deputación reduce a débeda mentres o PSOE fala de mala xestión

    fotodepocopia.jpg PONTEVEDRA> O Plan de Investimento para os Concellos volve a enfrontar ós dous partidos. O PSOE xa anunciou que de non cumprir as súas peticións, votará en contra.

    {flowplayer}images/salnes/PsoeInvestimentosDepo.flv{/flowplayer}

    A Deputación de Pontevedra aprobará mañá no pleno da corporación unha amortización da súa débeda de máis de seis millóns de euros. Esta cantidade sumada ás anteriores permitiría acadar, segundo o presidente, o obxectivo de reducir a débeda da institución en vinte millóns de euros este ano. Será un pleno importante o de mañá, onde ademais, se aprobará tamén un Plan de Investimento de dezaoito millóns de euros para os Concellos.

    O PSOE de Pontevedra xa anunciou que de non cumprir as súas peticións, votará en contra. Case catorce millóns de euros de amortización da débeda que estaban recollidos nos orzamentos da Deputación, ós que se suman agora estes seis millóns. Un exemplo, segundo o seu presidente de boa xestión.

    Tras estas amortizacións a débeda da Deputación estaría en torno ós noventa millóns de euros. Os seis millóns que se reducen agora, sairían de do remanente de distintos organismos autónomos.

    Os socialistas pontevedreses, sen embargo, lonxe de crer na boa xestión da Deputación aseguran que se os populares levan ó pleno da corporación oito modificacións das liñas de crédito, tendo en conta que os orzamentos se aprobaron hai dous meses se evidencia a mala organización duns presupostos que se fixeron apresa e correndo.

    Con respecto a amortización a través dos remanentes dalgúns organismos autónomos Santos Héctor asegura que, malia deixar cartos en mans da Deputación, estes organismos ven ampliada á súa vez a cantidade que reciben para os seus gastos.

    Con respecto ó Plan de Investimento para os Concellos, dende o PSOE celebran que se aumente a inversión, pero tampouco están de acordo coas bases. Sobre todo co que se refire ó 20 por cento de libre disposición.

    Os populares, pola súa banda, continúan defendendo a súa xestión de austeridade e creación de emprego e riqueza, a través desta redución da débeda e do Plan de Investimentos de 18 millóns de euros para os concellos.

    Redacción Salnés