Comeza o derrubamento da lonxa vella de Vilanova

    fotolonxavellacopia.jpg VILANOVA> Este é o primeiro paso para a construción da nova estación marítima, que permitirá habilitar unha línea de transporte entre Vilanova e A Pobra.

    {flowplayer}images/salnes/LonxaVilanova.flv{/flowplayer}

    O edificio da antigua lonxa de Vilanova levaba tempo sendo empregado para outros usos, concretamente como almacén da confraría.Agora con este proxecto, Portos de Galicia construirá neste lugar a nova estación marítima e xa se está a levantar unha nova nave no porto para cumprir as necesidades da Confraría, que ademais contará con vestiarios e aseos.

    Ó ter o tellado de amianto, a empresa adxudicataria da obra, Movexvial SL, tivo que agardar un permiso de Medio Ambiente para comezar o derrubamento. Pero agora, unha vez que se rematen estas tarefas, a construción comezarase de seguido polo que segundo o alcalde as obras poderían estar rematadas en 3 ou 4 meses.

    A nova estación marítima será un edificio de planta baixa, acristalado e que acollerá zona de despacho de billetes e cafetería. A obra está financiada por Portos de Galicia, e ten un presuposto de 1.300.000 euros, nos que se inclúe ademáis da nova estación e a nave multiusos para a confraría, a ampliación da lonxa.

    Redacción Salnés